martes, 2 de diciembre de 2014

O Sapo namorado




Era un sapo todo fachendoso, que estaba namorado dunha verde rá, e para impresionala, dille:

-Ves ese carro de toxo que ven ahí?

- Vexo.

- Pois vouno virar.

- E para que o queres virar, home?

- Para que vexas o forte que son.

- Non vaias, ho, que te has lastimar.

- Lastimarame eu?, hahaha, xa verás, vouno virar.

E alá vai o sapo viralo carro. O sapo púxose debaixo dunha roda e comeza a hinchar e hinchar, mesmo parecía un penedo do hinchado que estaba, e o carro a se acercar...Hincha e hincha e ...Ploffff! Estoupou o sapo!

A pobre rá, choraba e dicía:

- Ai!, meu compañeiriño! Corto de vara, ancho de pecho y jugador de anca en algún tiempo...

viernes, 10 de octubre de 2014

O reparto das cualidades

Antigamente, os humanos non eran bos nin malos, ningún destacaba de forma especial por riba dos demáis e todos se levaban ben, estaban en paz e armonía. Pero un día, aos trasnos, que sempre estaban a tramar algo, pediulles a un gran mago que lles dera uns paquetiños de cualidades, virtudes e defectos para sementar entre os homes. 

O gran mago accedeu, pero coa condición de que se algunha desas cualidades, que lle entregaría en forma de paquetes, non eran recollidas por algún dos humanos no plazo dun lustro, eles se quedarían con elas. Chegado a este acordo, o mago fixo os paquetes e dous xóvenes trasnos foron recorrendo, durante a noite, os camiños máis concurridos, deixando ao seu paso pequenos paquetiños nos que se encerraban distintas cualidades, virtudes e defectos. Así foron desperdigando a amabilidade, o desprezo, a agudeza visual, a cegueira, a gratitude, a culpa, a intelixencia, a burla, a caridade, a crueldade, o bo humor, a carraxe, a envexa...


Ao amencer, todo estaba xa disposto. Cada paquetiño tiña escrito o que contiña, así que os primeiros en pasar puideron elexir. O primeiro colleu a intelixencia e diuse por satisfeito, porque enseguida entendeu que aquilo era obra dos trasnos e que o seu propósito non era bo. O segundo colleu a carraxe, porque estaba farto de que sempre o mandaran facer os recados máis pesados e pensou que así se faría respetar. O terceiro colleu a avaricia xa que lle pareceu unha palabra bonita, ao momento lanzouse a por outro paquetiño que tiña ao lado e poñía “caridade” e, de non ser polos trasnos, que puxeran un selo polo cal non se podía coller máis de dúas virtudes ou defectos, levábaas todas... Así foi transcurrindo un día e outro, e pouco a pouco os homes e mulleres do planeta comezaron a se facer distintos non só físicamente senon de pensamento, habilidades, destrezas e corazón.

Os trasnos estábanno a pasar en grande, observábannos e, como sabían qué paquete collera cada un, sabían en cada momento como facer para amolalos. Uns días facíannos enfrontarse entre sí por tonterías, pero como tiveran a prudencia de esparcir tamén as virtudes, as cousas nunca ían a maiores.

Sen embargo, un vello trasno comezou a botar en falta unha das cualidades. Así que mandou ir aos dous trasnos xóvenes a recorrelos camiños para ver si se extraviara dito paquete, se estaba escondido ou qué pasara con el.

Ao pouco, os trasnos deron co paquete en cuestión: “A Culpa”. Seguindo as instruccións do vello trasno, puxéronno encima dunha pedra, no medio e medio do camiño, para que fose ben visible.

Ao cabo dunha semana, foron ver e o paquete estaba no mesmo sitio. Intrigados, os trasnos quedaron a pescudar qué pasaba co ditoso paquete. Ao pouco tempo, un vello pasou por alí. Achegouse á pedra, mirou o paquete, abaneou a cabeza e alí o deixou. Dalí a un bo anaco, achegouse unha moza nova, leu o paquete e rexeitouno tamén.

Así un día e outro, e outro máis... Pasou un mes, un ano, dous anos, un lustro,..., e ao final, o vello trasno recolleu o paquete. Acercouse a un labrego que pasaba por alí, ofreceullo, e o home rexeitouno.

-Por qué non o queres? Todos veciños da aldea teñen algunha cualidade, virtude ou defecto, qué máis che dá collelo? É o que queda.

- Sí, ohhh! Vostede pensa que che son parvo, Hei de cargar eu coa culpa!!! Ha! Pois non!, non cha quero! - E marchou correndo.

Os outros trasnos, que estiveran presenciando todo, achegáronse ao vello.

- Avó, e que facemos co paquete da “Culpa”?

- Pois quedarnos con ela.

Dende aquela, se lles bota a culpa aos trasnos de tódalas trastadas que ninguén recoñece. E todo porque “A Culpa” estivo un lustro pousada nunha pedra e ninguén a quixo.



(Mary Camiña.) "Contos populares e cousas da vida"

sábado, 4 de octubre de 2014

Concurso Literario "Homenaje a Pablo Neruda"

Seleccionada en el Concurso "Homenaje a Pablo Neruda". Uno de los 150 poemas que van a ser publicados en el libro. Contentísima de haber participado, feliz y radiante por tener el grandísimo honor de poder homenajear a uno de los grandes. Pseudónimo: Deva, Poema: "Vacía"


Os dejo el enlace de los 150 finalistas del concurso de poesía, homenaje a Pablo Neruda.
¡Felicidades a todos y muchas gracias Editorial Artgerust por esta oportunidad!

sábado, 20 de septiembre de 2014

Os Ollos do Demo. (Primeira Parte)

Ese ano, o inverno chegara de súpeto, pasaran dunha calor abafante a sufrir ventos, neves e tronadas. O gando estaba xa recollido e o avó víase moito máis vello ao lume da lareira. As súas engurras eran cada vez máis profundas, as carnes escapábanselle da faciana cos anos e a súa figura encoucara de forma alarmante; ainda así e todo os seus ollos ainda tiñan ese atisvo de dozura e sabiduría que o facía tan especial. 

Anxos, colleu a cunca de caldo e sentou a carón do avó, así facía día tras día desde que ela tiña uso de razón.El sempre tiña contos, historias e ensinanzas para aquela cativa de nove anos, con ollos grandes e inquisadores.

O avó tiña os ollos cravados nas brasas e rezaba unha pequena oración, Anxos permanecía ao seu carón caladiña e esperando, pacientemente, a que acabara esa extraña cerimonia que aquel bo home repetía cada vez que a treboada se oía retumbar naquela acolledora cociña: collía unha torada a medio queimar que gardaba debaixo da lareira e prendía o lume coa vela de Xoves Santo, e entón rezaba polo baixo aquela pequena oración. Ao acabares, apagaba o lume da torada de leña con area e devolvíaa ao seu sitio.

 - Avó, xa sei que a torada é a que se chamusca na última noite do ano, e se terminará de queimar na seguinte , recollerase a que esta chamusque nese mesmo momento, e que este lume prendido coa vela de Xoves Santo nos protexe da treboada..., o que nunca me explicaches é por qué dis a pregaria mirando para as brasas con esa mirada que non che sei ben se é de desafío ou de medo.

O avó ollou para Anxos con dozura e dubidou un pouco se contestarlle ou non, era unha nena moi especial, capaz de entender cousas que ata as persoas adultas máis resabidas non entendían; estaba claro que esa nena posuía un entendemento fora do común. Dous anos atrás correría o risco de que a avoa lle botara unha bo sermón, pero a avoa xa non rexía ben da cabeza e pasaba cáseque todo o día no seu mundo, por veces tiña un atisvo de lucidez, pero enseguida volvía caer naquel letargo ao que tanto lles custou afacerse. Anxos sempre dicía que a avoa estaba nun mundo paralelo e que nel era feliz, que non debían estar tristes por ela, que xa non sufría, pero que seguía sentindo coma unha persoa, seguía querendo agarimos e coidados. Anxos entendía moi ben a avoa, namentras que aos demáis lles custaba moito falarlle con naturalidade.

-Miro para as brasas, miña nena, porque me recordan aos ollos do demo...

-E logo, viches os ollos do demo algunha vez, avó? 

O avó cerrou os ollos, ordeando os feitos e pensando por onde comezar, e Anxos púxose cómoda porque sabía que unha nova historia estaba a punto de brotar dos beizos do avó. [...] 


" Cousas da Vida e Contos populares" (Mary Camiña)

sábado, 13 de septiembre de 2014

Vacía

[...]
Se llena
y se envenena
de furiosa ira
mi conciencia herida.
Perdida esperanza,
estrella que se apaga.
[...]


Libertad para Sentir. (Mary Camiña)

sábado, 16 de agosto de 2014

Sacrificio


He vuelto al infierno
de dolor y sufrimiento.
He purgado mis culpas,
todas, sin lugar a dudas.

He sentido el calor
de las frías llamas,
y el espantoso dolor
de las tortuosas llagas.

Han clavado sus uñas,
sin compasión alguna,
los dedos del tormento,
y clemencia no encuentro.

Aguijoneada sin compasión
por el suplicio y la aflicción;
sin perder la esperanza
de que toda penuria pasa.


Y por fin ha cedido
esta incansable penitencia,
odiosa y temible dolencia,
incomprendido sacrificio.

¿Acaso es el calvario
que he de sufrir
por ser feliz 
en este mundo precario?

Sea pues, si esta es la razón,
pero no renunciaré a tu amor,
ese amor que me hace sentir
eufórica y con ganas de vivir.

Libertad para Sentir (Mary Camiña)

martes, 12 de agosto de 2014

Caprichos do ADN


O Pepe , ainda que era novo, xa apuntaba maneiras de ser un prometedor gandeiro. Vivira moitos anos na capital de provincia cunha tía súa, de moito carto, e alí adquirira coñecementos moi valiosos para criar gando de mellor calidade. Cando súa tía finou, volveu para a aldea. Pepe era baixiño e todo o mundo o tiña por un home de letras e moi resabido, xa que na súa propiedade conseguira o mellor gando de toda a redonda, froito dos distintos cruzamentos que fora facendo, aproveitando as propiedades das distintas razas. Daquela, andaba a mocear cunha rapariga moi chusquiña, guapa coma un anxo, feita coma un piñón e moi intelixente, chamada Rosa, e que estaba estudando para mestra.

Estando un día nunha feria de gando, fixouse nunha moza alta e moi guapa que andaba co gando do pai. Ao momento, Pepe, pensou que aquela era a muller da súa vida. Nin corto nen perezoso, alá foi falar con ela. Cal sería a súa sorpresa cando descubríu que todo o que tiña a moza de alta, guapa e ben feita, tíñao de menos de intelixencia. Así e todo teimou en que sería a súa muller.

Rompeu os amoríos que tiña con Rosa e casou con esta muller que se lle antollara.
O señor cura,a quen non se lle escapaba unha, preguntoulle ao Pepe.

- Mira, Pepe, cada un casa con quen lle parece, pero eu, sinceramente, non che entendo cómo decidiches casar con esta muller de tan pouco siso, sobre todo coñecendo a Rosa, unha moza intelixente, guapa e feitiña, e dentro de nada con estudos.

- Ai!, señor cura, vostede non entende nada... Rosa non che valía para a cría, é certo que é guapiña e intelixente, pero ainda che e máis pequena ca mín; vostede imaxinase como serían os nosos fillos? Pequenos e cativos coma a fame! Sen embargo, ésta éche a muller ideal para min. Os nosos fillos serán altos e guapos coma ela e intelixentes coma min, xa verá, xa verá.

- Bueno, fillo, se é por mor de mellorala especie, deso supoño que entenderás máis ca min...



Ao cabo dos anos, Rosa convertiuse na mestra da aldea, casou co Avelino, que era o boticario e tiveron catro fillos e unha filla. Pepe maila súa muller tiveron un, e debido a un malparto non puideron ter máis.


Tódolos nenos e nenas do colexio ían ao colexio da parroquia: o señor cura ensinaba aos nenos e Rosa encargábase das nenas. Un día, o señor cura, xa canso de rompela cabeza co fillo do Pepe mandouno ir falar con el, por si lle daba permiso ao fillo máis vello de Rosa para ir á súa casa a axudarlle cos deberes, a ver se así daban feito del un rapaz de proveito.

Antes da entrada dos nenos na escola, xa estaba alí Pepe para falar co señor cura, viña directamente da gandaría e ainda os nenos non chegaran.

- Bos días, señor cura.

- Bos días, Pepe.

- Mira, eu sei que Rosa máis ti, anos atrás andivechedes de mozos, así que vou pedirche permiso para que o fillo máis vello dela poida ir xunto do teu tódalas tardes, despois do colexio, para axudarlle a facelos deberes.

- O pasado, pasado está, non se preocupe, pola nosa parte non hai problema ningún, pode mandalo rapaz de Rosa cando vostede queira, será un pracer poder axudarlle.

Nese mesmo momento, pasou Rosa cos seus catro fillos: altos, guapos coma soles e felices, xusto detrás viña o apoucado e cativo fillo do Pepe con cara de “papamoscas”.

-Pois sí que os rapaces lle queren ben a Rosa, mire vostede rodeada de qué catro mozos vai, non entendo como o meu fillo ten que axudarlle a un dos fillos dela co boa mestra que me dixeron que era.

O señor cura, todo vermello e cheo de carraxe ao ver o pouco que Pepe entendera a situación, non puido máis e soltóuselle a lingua:

-Ai! Pobre home! Non te enteras de nada! Eses catro mozos son os fillos de Rosa: altos, guapos, intelixentes e cun corazón que non lles colle no peito do bos que son; e iso que non che era boa para a cría. Mentras que tí maila túa xuvenca alta e guapísima trouxéchedes ao mundo un só neno: apoucado e cativo coma tí, e burro coma ela. É o fillo de Rosa quen vai axudar ao teu e non ao revés. De gando saberás moito, pero coas persoas, non dás unha no cravo!

Mary Camiña ("Cousas da Vida")

jueves, 7 de agosto de 2014

Arrepentimiento

[...]

Lluvia de lágrimas en mi mente,
tormentas en el corazón me hieren.
Puñales de dolor atraviesan mi alma
cuando despierto solo cada mañana.
Tu esencia, sin embargo, aún está
en cada rincón de mi mente y no se va.

Yo quiero matar al recuerdo
pero, sin embargo, lo cuido, con miedo
a que vuelvas y no lo encuentres
tal y como lo dejaste: grabado en mi mente.

[...]

Mary Camiña. Arrepentimiento ("Libertad para Sentir")

miércoles, 9 de julio de 2014

Galega...


Nacín nunha terra única, onde as persoas sempre queren saber máis, onde te enquisan cada vez que fas unha pregunta para ter tódolos datos, non vaia ser que por culpa dunha pregunta non feita che dean un mal consello; porque os galeg@s nos tomamos as cousas moi en serio e con moita retranca; porque somos o pobo da contradicción e da eterna pregunta.
- Mamá, de onde veñen os nenos?
-E tí, para que o queres saber?
-E que o outro día oinlle dicir a Sra. Maruja que a súa filla ía ter que buscalos a París.
-E cando o dixo, miña nena?
- Pois onte, lavando no río.
-E de que filla falaba?
-De María.
- E logo? Veu de visita?
-Non, é que a Sra. Maruja foi a pasar a fin de semana na casa da filla.
-E foi ela soa?
-Iría co seu home, eu que sei! Eu o que quería saber é de onde veñen os nenos, mamá, se é certo que hai que ir buscalos a París.
-Pois se a Sra. Maruja dí que hai que ir a París, será que veñen de alá. E logo tí por que o queres saber?
-Para ir aforrando, que eu quería ter seis fillos, pero se hai que ir tan lonxe...
-Saca, rapaza, seis fillos. Anda! Vai facelos deberes.
E alá vai a rapaza cabilando para que demos fai falla ir tan lonxe a buscalos nenos se ao seu irmán o trouxeron da Romaría de A Lanzada, que llo oíu ela ao avó. E contenta queda a nai que xa ten información de abondo para chismorrear na peluquería ou no café coas amigas.

Pero, ás veces, non sempre sae ben o interrogatorio.

Ían dous nenos para a casa. Baixaran do autobús do colexio na parada que lles quedaba máis preto. Polo camiño, encontráronse un vello veciño, o home non os recoñeceu a pesares de vivir ao lado.
-Bos días!
-Bos días, señor!- contestaron os nenos.
-Vindes do colexio?
-Vimos.
-Ah, moi ben. E vivides por aquí?
-Sí, claro.
-E logo de quen sodes?
-Do noso pai e da nosa nai. Bos día, señor.

E o pobre home quedou a rabear.

Sí, definitivamente, somos moi preguntóns, ha ha ha ha ha (onomatopeia de gargallada en galego)
 (Mary Camiña. "Cousas da vida")

sábado, 5 de julio de 2014

Paradigmas do Amor


Cantas veces, as estrelas miraba,
e por tí lles preguntaba,
por si elas te vían a tí ,
querendo saber se en mín pensabas.

Un trociño do meu corazón,
pregaba ao ceo que de mín te lembraras;
mentras desexaba que foses feliz,
coa persoa que escolleras ter ao teu carón.

Porque o amor éche así,
non entende de coherencias nin de razóns,
quere e sinte, quéreo todo para sí,
e desexa para o seu amado o mellor.

Sempre no meu lugar facendo o correcto,
vivindo unha vida de mundo perfecto.
Canto a liberdade do vento envexaba,
para poder decirche o moito que te amaba!

Quérote sen poder querete,
ámote sen poder amarte,
non chorei por perderte,
non reirei por de novo verte.

Encontrei a felicidade sen terte ao meu lado,
desconcertada estou por volverte ver,
o meu corazón está desacougado,
en realidade nunca te deixou de querer.

Volven, despiadados,
en contra da miña razón,
os sentimentos do pasado,
que viven no fondo do corazón.

Dividida entre querer e non querer,
do pasado e do presente,
do presente e do ausente,
do que foi e do que puido ser...

Quérote comigo, e sen tí me quero ver,
son feliz contigo e sen tí tamén o serei,
quero a liberdade para o meu corazón,
para amar sen ter en conta a razón.

Paradigmas do amor,
o que non tiveches queres ter,
o que tés non queres perder,
amar é libre pero expresalo non.

(Mary Camiña. Liberdade para Sentir. 2.013-14)

martes, 17 de junio de 2014

O raposo mailo galo van a unha voda no ceo.




Era unha vez un raposo que era vexetariano pero lle tiña certa tírria a un galo moi fachendoso e argalleiro que vivía cerca, pero xa canso de que se terminara burlando del, argallou unha forma de sairse por unha vez coa súa; así que acercouse un día, cando estaba na póla dunha árbore e lle dixo:

-Mira, galo, estou farto de estar sempre a rifar contigo, recoñezo que tí es máis listo ca mín, así que, se che parece ben, quero que fagamolas paces.
-E por que me hei de fiar de tí? Es capaz de paparme nun descoido...
-Va! Tí xa sabes que o fago para facerte rabiar, que eu sonche vexetariano. Mira, ho!, para que vexas que estou a falar en serio, invítote a comer mañán na miña casa...
-Bueno, sexa logo...- dixo o galo sen se fiar moito.

Ao día seguinte, o galo preséntase na casa do raposo, con moita prudencia. Non as tiña todas con él, ainda que cheirar cheiraba a cereais... Á porta da casa estaba posta unha mesa con dous cubertos e unha tarteira enriba.

-Benvido, galo! Como fai un bo día puxen a mesa fóra, non che importará?
-Que me vai importar! Iso mesmiño che ía propoñer eu.

O raposo levantou a tapa da tarteira e repartíu dúas cullaradas de papas de centeo con trigo quentes para cada un. O raposo púxose a comer con gran afán, pero o pobre do galo, como tiña peteiro e non boca apenas puido comer.

-E logo, galo, non tes fame? Mira que están boas estas papas. Ummm- relamíase o raposo.
-E que, hoxe almorcei moito e non che teño fame...- decía o galo disimulando, xa que si que estaban ben boas as condenadas...

Na cara do raposo víase que o fixera adrede e o galo marchou todo cabreado, pensando para sí que xa lla pagaría, rirse así del.

Ao cabo duns días, voltan encontrarse o galo e o raposo.


-Bos días, raposo- dille o galo.
-Bos días, gustáronche as papas do outro día?- contestoulle o raposo con retranca.
-Si, oh! Gustaron, mágoa que estivera xa farto. É o que che ten isto de estar sempre convidado a tantas festas e comilonas.
-Vai! Non che sabía eu que tiveras tantos convites.
-Pois si, mira por onde, acabo de ser convidado a unha voda.
-Unha voda?- interesouse de seguido o raposo.
-Pois si, éche unha voda moi especial, disque vai ser a “voda do ano” pola abundancia de manxares e lambetadas, que ata trouxeron un cociñeiro extranxeiro especialista en todo tipo de grans e verduras.
-Hoooo! Que sorte tés- díxolle cos ollos fóra do sitio e relaméndose- quen puidera ir.
-Agora que o penso, a miña invitación é para dous, se queres vir...
-E levaríasme contigo?
-Como non hei levarte co boas que estaban as papas do doutro día?, sería ser mal amigo. Pero hai dúas condicións para poder ir á boda, que non sei eu...
-Xa sabía eu que o dicías por dicir, que non queres que vaia contigo..., co que me custou facer as papas...
-Bueno, algo se poderá facer ao respeto... A primeira condición é ir limpo coma unha patena e traxeado, a outra é..., esto xa é máis complicado...
-Díme! Non ha ser para tanto!
-E que... a voda é no ceo!
-Como? No ceo? Ti estás tolo!
-Si, no ceo, prepararon un gran cumio dunha montana onde só se pode ir voando, para que os animais carnívoros non poidan chegar a ela, pero, claro..., coma ti es vexetariano pois non lles importará que vaias.
-E como vou chegar aló arriba se eu non teño ás?
-Ufff!, pois vai ser un problema si, …, se ainda pesases algo menos...
-Eiii! Estasme a chamar gordo?
-Non, ho! É que se estiveses máis fraco, igual podía contigo e te podía levar agarrado nas patas...
-Pois se é por iso, non te preocupes, cando é a voda?

-Para a semana que ven.
-Pois para a semana que ven podería pesar cinco quilos menos, será suficiente?
-Podería, pero mellor que sexan seis quilos menos.
-Feito! Quedamos logo para a semana. E moitas gracias!

Alá foi o raposo todo contento por ser convidado a unha voda de tan altos voos. Pasou toda a semana facendo exercicio e dieta para perder os quilos pactados, pensando que semellantes manxares ben valían a pena tal sacrificio. Chegado o día, sen embargo, só perdera catro quilos e medio, ainda así víase moito máis lixeiro, así que pensou que o galo ven podería con el.

-Vaia, vaia! Que elegante estás!- díxolle o galo.
-A que se me ve máis lixeiro e delgado?
-Pois sí, pero ainda así, non sei eu se poderei contigo.
-Si que podes, se es un galo forte e grande- retrucou o raposo, sen deixar de pensar nos grandes manxares que os agardaban.
-Buemo, pois imos aló. Agárrate ben ás miñas patas que alá imos! E non mires para baixo!

E o galo saíu voando co raposo colgado das patas. Xa levaba subido bastante, cando deixou cair disimuladamente, un pouco de manteiga polas patas abaixo e o raposo comezou a escorregar.

-Oe, ti! Deixa de suar tanto que estou esvarando!
-E que pesas moito, para mín que non adelgazaches todo o que acordamos.
-Ai! Ai! Que esvaro! Baixa, baixa!
-Xa  vou, xa vou...
-Date presaaaaaaaaaaa....

E o raposo caíu. Ía polo aire pensando que, cun pouco de sorte, caía nunha meda de palla, pois alá abaixo vía como uns campesiños colocaran todo o trigo en medas e se dispoñían a mallalo. Pero así como se ía a cercando, foise dando conta que xusto ía caír na eira onde estaban a mallalo trigo. 


Entón o raposo fíxose unha promesa a si mesmo.

-Se desta me salvo e non morro, xuro que, por moi bos manxares que teña, non quero saber máis de vodas ao ceo, eu quedo en terra.

(Recollida por Mary Camiña. "Contos populares")

miércoles, 11 de junio de 2014

Yo también decía que la política no me interesaba cuando las cosas iban bien...


A veces, pensamos que a nosotros la política ni nos va ni nos viene. ¡Y qué equivocados estamos!.
El martes pasado, por la mañana, mientras desayunaba, oí parte de unas declaraciones del Sr. Rajoy y aluciné en colores. Para el Sr. Presidente del Gobierno, lo más dramático que le podía pasar a los españoles en esta crisis era la salida del euro o el rescate. ¡Anda ya! La salida del euro igual no era lo más indicado pero sí se podría discutir la manera de salir de la crisis sin pasar por la dramática situación que están pasando millares de ciudadanos que no tienen qué llevar a la boca, ni qué darle a sus hijos, sí podría evitar que desalojasen a miles de familias que se quedaron sin vivienda a causa de no tener trabajo y no de no querer pagar y, por encima, con una deuda a cuestas para el resto de sus vidas; sin hacer que los impuestos nos ahoguen, ya que si apenas se puede comprar comida, con un 21% de gravamen en la mayoría de los casos, menos aun; que suban el IVA a los verdaderos artículos de lujo, sería algo más normal,¿verdad?, porque quien compra ese tipo de artículos es porque puede ...
Respecto al rescate, ¡madre mía!, yo no sé por qué tienen esa manía de cambiarle el nombre a las cosas según convenga, porque al sector financiero español se le entregó una cantidad considerable de dinero y sin embargo, no se le exigió que devolvieran a los afectados por las preferentes su dinero, cuando se está demostrando día sí y día también que fue una estafa en toda regla, por ejemplo. Los motivos, entre otros: "la con-donación de créditos a los distintos partidos políticos".
Otro de los comentarios del Sr. Rajoy me sacó ya de toda duda: este Sr. no vive en el mismo país ni planeta que el resto de los españoles ... Según él, con las medidas adoptadas por el Gobierno, la renta adquisitiva de los españoles no se vio disminuida significativamente. ¿Que entiende esta persona por "significativamente"? Claro que esto tiene una explicación, su salario y el de sus colegas no se vieron disminuidos de forma alguna, y como viven en su propio mundo y con sus propios privilegios, no se enteran.
Con semejante discurso es normal que el FMI nos siga pidiendo más sacrificios a los españoles. Me gustaría que cambiara los ingresos y privilegios que tiene su familia por los que tiene la mía, o cualquiera de los ciudadanos de nuestro entorno, durante tan sólo un mes, entonces, es posible que empezara a entender algunas cosas e igual cambiaba su discurso por la verdad del pueblo español. 

(Mary Camiña)

martes, 10 de junio de 2014

Prepárate para irte do país...



Últimamente non sei que demos está pasando no noso país, a única saída que nos están dando tanto os nosos gobernantes como as institucións para traballar é que nos vaiamos do país...
Estou cansa de ver como as persoas que formaron as nosas universidades e as nosas escolas, entre as que me inclúo, non teñen cabida no noso país. E por riba, se te negas a ir porque tes lazos afectivos que consideras máis importantes que gañar uns euros máis, ou simplemente porque no fondo te negas a crer que ninguén queira aproveitar os magníficos recursos humanos, pertencentes a unha xeración ilustrada, preparada e capacitada sin precedentes na historia de España, mírante como un bicho raro.
Por qué temos que irnos da nosa terra? Acaso non chegou con que os nosos devanceiros tivesen que deixar todo para probar fortuna, e separar familias durante anos que nunca se recuperarán? Como filla de emigrantes digo: Basta!!! Temos medios humanos máis que suficientes como para facer unha industria propia!!! Só nos falta o que os corruptos nos roubaron en vez de investilos no futuro do país: os cartos.
Seguimos bailando ao son do que nos dicen os demáis, seguimos a pensar nos cartos para hoxe e fame para mañán. Así non se pode... Tódalas inversións do país se fixeron no sector inmobiliario, e no turístico. Chegáronse a pechar fábricas para crear solares. Ninguén, a pesar de que estudios económicos demostraban que se estaba a producir unha burbulla, quixo escoitar, e agora que a vaca enfermou e xa non dá máis leite, collen os cartos que lles quedan e fuxen para o extranxeiro e encontrar unha nova vaca que muxir...
E namentras, Europa rise de nós..., non nos dan solucións para crear máis postos de traballo, para renovar e reestructurar a industria española, non, iso non convén, a man de obra española está ben cualificada e ademçáis sae máis rentable que a súa propia, quédanse cos beneficios do seu traballo, coa tributación do seu salario,( xa que son rendas obtidas fóra de España), e coa súa contribución á Seguridade Social, a cambio dunhas migallas: o soldo. De novo, pan para hoxe e fame para mañá...
Os que decidimos quedar e intentar por tódolos medios sobrevivir, que obtemos a cambio?: Máis impostos, novas taxas, menos postos de traballo, menos becas para estudar aos nosos fill@s, condicións máis duras para poder acceder aos poucos postos de traballo que quedan...
Négome a formar parte da “fuga de cerebros” que agora mesmo existe no país, eu estudiei aquí e aquí quero deixar a plusvalía que os meus coñecementos poidan xerar... 

lunes, 9 de junio de 2014

Impotencia


Es la impotencia del anciano,
ante la huida de la juventud,
es la impotencia del ciudadano
sin el apoyo de la multitud..

Es la ira que yo siento
ante las injusticias.
El grito que clama al cielo
entre tanta inmundicia.

Es no poder hacer nada
ante tanta corrupción,
y ver la sociedad dañada
sin que nadie aporte una solución.

Es oír mentira tras mentira
de embusteros sin conciencia,
aferrados a sus privilegios,
a sus status y dinero.

Es el grito de la desesperación
del ciudadano español,
trabajador y honrado,
al que la crisis le cuesta un riñón.

Es el grito de la guerra,
es el grito del miedo,
es el grito del trueno.
Es el grito y la huella.

"Libertad para Sentir" (Mary Camiña)


sábado, 7 de junio de 2014

La Grecia Antigua y su sociedad.




Aunque reconozco que es la cuna de la democracia, es un ejemplo que no me vale como modelo de sociedad: sociedad dividida entre esclavos y hombre libres, y dentro de los libres existían los ciudadanos (los únicos con derecho a votar y decidir) y los no ciudadanos sin derechos políticos. Además, las mujeres libres de la Grecia Antigua, no tenían derechos de ningún tipo ya que siempre tenían como "dueño" a un varón, fuese padre, hermano o marido; ni siquiera dentro de su propio hogar tenía pleno derecho de movimientos, sólo podía estar en el llamado "gineceo", lugar expresamente reservado a las mujeres de la casa.
Cierto es que han pasado 2.500 años desde aquello, que hemos evolucionado y que siguen existiendo desigualdades pero creo que no es comparable. Teniendo en cuenta que 2.500 años en la historia de la humanidad no es nada, además de la multitud de trabas que hemos sufrido por parte de aquellos que nunca han querido los cambios por miedo a lo desconocido, hemos ido evolucionando, porque ya decía Charles Darwin, que la evolución no es cosa de días y además las especies evolucionan por necesidad, si no existe en la sociedad esa necesidad sino que se siente cómoda, no se evoluciona, igual que hoy en día parece existir una necesidad de cambio en la misma y evolucionará, no sabemos si a la forma más justa o no, pues la evolución no siempre ha desarrollado lo mejor sino lo que mejor se adapta.
Por otra parte, hemos vivido épocas en nuestra historia de auténtica des-evolución, quizás la época de mayor atraso que ha existido en la historia ha sido la Edad Media, en la cual han gobernado de forma absoluta y sin contar con el pueblo toda Europa, en esos siglos, hubo un gran retroceso. Las diferentes pugnas de poder tampoco ayudaron y así seguimos, en pleno s. XXI.
La desigualdad seguirá existiendo mientras no exista una conciencia ciudadana plena de necesidad de cambio, mientras no exista una educación basada en los principios básicos de la tolerancia y la igualdad de derechos y deberes de los ciudadanos.
La esclavitud existió, tal y como la define la RAE, hasta bien entrado el siglo XX, legalmente, pero cierto es que en el mercado negro sigue existiendo, véase zulos con mujeres obligadas a prostituirse, etc., pero eso no significa que no hallamos evolucionado, porque sí lo hemos hecho. Sinvergüenzas existieron, existen y existirán siempre. Lo que tenemos que demandar es intolerancia cero a estos hechos. Hace 40 años, en vida del caudillo, eran impensables los derechos que hoy en día tenemos.
La democracia actual, la cual muchos ciudadanos no la practican al no ir a votar, renegando de su derecho, nos ha enseñado que las cosas se pueden hacer mejor, la democracia que tenemos hoy en día es mejorable,sí, pero hemos recorrido mucho trecho, aun habiendo tantas dificultades en el camino... (Mary Camiña)

lunes, 26 de mayo de 2014



Cosa sono quelle bellissime stelle che mi accendo l'anima?
 Sono i tuoi occhi, la mia anima, che vorrei sempre con me. 
Luci a guidarmi attraverso la vergogna e l'angoscia 
che mi riempiono di gioia quando la mia anima è vuota. 
(Mary Camiña)



sábado, 15 de marzo de 2014

Crecendo Xuntos...

Ainda que a noite sexa escura,
sempre hai un raio de luz
que me fai sentir segura.
Ainda que non te poida ver
sei que ao meu lado sempre estás,
por si te puidera necesitar.


Deixando que creza ao meu ritmo,
aconsellándome se fose preciso,
sen impoñer a túa opinión,
sen poñerme atrancos nen censuras,
respetando en todo caso a miña decisión,
sen condicións nen ataduras.


A pesares dos nosos defectos,
dos malos momentos que pasamos,
seguimos aquí, amándonos,
e así quero seguir, amor;
porque nada me fai máis feliz,
que estar ao teu lado e sentir,
que o amor flúe a través de nós.


Non necesito grandes cousas,
que me ames tal e como son,
respetando a miña forma de ser.
Un ao par do outro con comprensión,
axudándonos mutuamente a crecer,
facendo o que nos dicta o corazón.


Será por iso que me sinto libre,
protexida, admirada e querida;
será por iso que tanto te quero,
por iso mesmo, te admiro e respeto.
Sen tí o mundo seguiría a existir,
mais sería un mundo incompleto.


Mary Camiña. "Liberdade e Sentimentos" 2.013-14

miércoles, 5 de marzo de 2014

martes, 4 de marzo de 2014

Soy una Voz

Soy una voz insignificante, 
una voz en la penumbra,
con un alma inquietante,
que las verdades busca,
y proclama al viento
su total desconcierto.

Soy una voz en la sombra,
una voz que grita
la verdad que asoma
en las palabras bien dichas;
que la libertad busca
y sin encontrarla se ofusca.

Soy una voz sin pretensiones,
una voz que se entrega
a la protesta por las presiones
que la razón experimenta,
cuando de repente la privan
de sus ideas, idas y venidas.

Soy una voz estresante
una voz insoportable
para los que en cada instante
mienten descaradamente.
No me pienso callar
solo pido la verdad.

Soy una voz indiferente,
una voz vacunada e inmune
a las mentiras de la gente,
reclamando lo que nos une
por nacimiento y derecho,
la igualdad aun no es un hecho.

Soy una voz que se asombra
una voz indignada
del juego en la sombra
y la justicia robada,
de un pueblo engañado
como si fuese un rebaño.

Soy una voz indomable
una voz desolada
intentando ser amable
en un mundo de canallas,
donde la justicia es ciega
según a quien convenga.

Soy una voz distinta,
una voz de un solo lema,
que tan solo suplica
aplicar en el sistema
la justicia, la libertad
y la igualdad.


Mary Camiña. "Libertad y sentimientos". 2.013-14

lunes, 3 de marzo de 2014

Mírame

Mírame aos ollos e dime que non, 
mírame aos ollos e dime que sí,
mírame aos ollos e dime,
dime o que queiras decir.
Dime o que tí sentes,
dime o que tí pensas,
non teñas medo a me ferir.
Non te escondas nunha apariencia,
que non faga máis que mentir.
Sexas como sexas,
coma tí queiras ser,
déixame verte tal como es.
Mírame aos ollos e dime que sintes,
mírame e dime qué pensas,
mírame e non te escondas,
amósame o fondo do teu ser.
Axúdame a coñecerte outra vez.


(Mary Camiña. "Liberdade e sentimentos" 2013-14)


Mírame

Mírame a los ojos y dime que no,
mírame a los ojos y dime que sí,
mírame a los ojos y dime,
dime lo que quieras decir.
Dime lo que tú sientes,
dime lo que tú piensas,
no tengas miedo de herir.
No te escondas en una apariencia,
que no haga más que mentir.
Seas como seas,
como tú quieras ser,
déjame verte tal como eres.
Mírame a los ojos y dime que sientes,
mírame y dime qué piensas,
mírame y no te escondas,
muéstrame el fondo de tu ser.
Ayúdame a conocerte otra vez.



(Mary Camiña. "Liberdad y Sentimientos" 2013-14)

sábado, 1 de marzo de 2014

Pulso entre Amistad y Conciencia

Hoy me tocó reflexionar sobre algo que siempre se cree saber lo qué es pero que cada uno tiene su manera de demostrarla y de definir: LA AMISTAD. 
Yo creo en la AMISTAD como algo que se siente por alguien, que está a un nivel semejante al del amor, al fin y al cabo, la AMISTAD y el AMOR, van cogidos de la mano, pertenecen al misma sección del sentir humano. Debo ser una persona un tanto fría, o rara ..., no sé; pero para mí AMISTAD no implica defender a esa persona "a capa y a espada", así como tampoco espero que mis amigos lo hagan conmigo. Un amigo es aquella persona que es capaz de elogiarte cuando haces algo bien, pero también debe ser capaz de decirte que lo haces mal cuando así lo piensa .... A veces, las críticas duelen, pero es que tenemos que aceptar que no todas las personas somos iguales, no todos pensamos de la misma forma, y que no piensen o actúen como yo no significa que no siga sintiendo por ell@s AMISTAD; que entiendan también que yo tampoco cambiaré mi forma de actuar si así me lo dicta mi CONCIENCIA. Hace tiempo que no juzgo, de eso se encarga la CONCIENCIA de cada uno ..., y no hay dos conciencias iguales, como tampoco existen dos personas iguales. Somos valiosos como personas justamente por eso, por la diversidad de opiniones, CONCIENCIAS y formas de AMISTAD que podemos ofrecer. Lo que más me duele, quizás, es que la gente piense que los amigos sólo pueden defenderte y elogiarte aunque no lo merezcas. Yo no podría apoyar nada que fuera en contra de mi CONCIENCIA. Claro que las amistades son maravillosas, pero, para mí, y respecto a todas aquellas personas que no coincidan conmigo, es más importante estar en paz conmigo misma. Si alguien no respecta mi forma de ser, no merece llamarse amig@. 

Mary Camiña. "Reflexiones de una Vida". 2.013

Pulso entre Amizade e Conciencia

Hoxe tocoume reflexionar sobre algo que sempre se intenta saber o que é pero que cada un ten a súa maneira de demostrala e de definila: A AMIZADE. Eu creo na AMIZADE como algo que se sinte por alguén, que está a un nivel semellante ao do amor, ao fin e ao cabo, para mín a AMIZADE e o AMOR, van collidos da man, pertencen ao mesma sección do sentir humano. Debo ser unha persoa un tanto fría, ou rara..., non sei; pero para mín AMIZADE non implica defender a esa persoa “a capa e a espada”, así como tampouco espero que os meus amigos o fagan comigo. Un amigo é aquela persoa que é capaz de loarte cando fas algo ben, pero tamén debe ser capaz de dicirche que o fas mal cando así o pensa.... Ás veces, as críticas doen, pero é que temos que aceptar que non tódalas persoas somos iguais, non todos pensamos da mesma forma, pero que non pensen ou actúen coma mín non significa que non siga sentindo por el@s AMIZADE; e que entendan tamén que eu tampouco cambiarei a miña forma de actuar se así mo dicta a miña CONCIENCIA. Xa hai tempo que non xuzgo, deso encárgase a CONCIENCIA de cada un..., e non hai dúas conciencias iguais, como tampouco existen dúas persoas iguais. Somos valiosos como persoas xustamente por iso, pola diversidade de opinións, CONCIENCIAS e formas de AMIZADE que podemos ofrecer. O que máis me doia, quizais é que a xente pense que os amigos só poden defenderte e loarte ainda que non o merezas. Eu non podería apoiar nada que fose en contra da miña CONCIENCIA. Claro que as amizades son marabillosas, pero, para mín, e respeto a todas aquelas persoas que non coincidan comigo, é máis importante estar en paz comigo mesma. Se alguén non respeta a miña forma de ser, non merece chamarse amig@.

 Mary Camiña. "Reflexións dunha Vida". 2.013

jueves, 27 de febrero de 2014

Armadura de Xeo

Nen choras nen rís,
deixaches de sentir,
mágoa polos demáis
ledicia por existir.
Pero non sempre foi así
houbo un tempo no que sí
rías e chorabas, sentías,
o amor e a ledicia de vivir.
Coma un témpano de xeo
os golpes da vida te fixeron ser,
a tú arma para te protexer
leváronte a ser como es.
Pero o xeo non chega a todo o teu ser,
un pequeño resplandor
segue vivo no teu interior,
gárdalo con moita ilusión
por se algún día aparece alguén
que mereza entrar no teu corazón.
Un resquicio de amor e compresión
que debeces poder compartir
con aquelas persoas coas que sentir,
coas que merece a pena vivir.
Entón, a túa armadura sacarás
e unha nova persoa resurxirá,
chea de vida e sentimentos,
e os que te queren se aledarán,
de que volvas ao mundo do sentir,
que xa non teñas que te esconder,
e vexas que te aceptamos tal e como es,
cos teus defectos e virtudes, sen finxir.
Porque todos somos humanos,
e como tales erramos;
porque non está na nosa condición
ser seres inertes sen emocións;
porque penses o que penses,
é parte de tí, é parte de como es.
O xeo paralízate, non te deixa sentir
e unha vida sen sentimentos
non é propia dunha persoa coma tí,
que gustas tanto da vida en sí.

Mary Camiña. "Liberdade e sentimentos" 2.013-14

miércoles, 26 de febrero de 2014

Devuelta por la Muerte


He visto la silueta de la muerte,
he oído al ángel de la vida,
jugarse mi suerte
en una absurda partida.
La muerte me ha mirado
como quien mira a un gusano,
un insignificante ser mundano,
no soy más que una lombriz
luchando por vivir.
Su fría e inquietante mirada
me ha helado el alma,
temido segador de vidas
que la sonrisa tiene prohibida.
Algo en mi alma ha visto,
y al ángel de la vida ha llamado,
quizá para él no sea un vulgar gusano
sino más bien un gusano distinto.
-”¿Qué te parece este alma?
Nos la jugamos a todo o nada?”
El ángel de la vida me mira,
-”Tal vez valga la pena,
salvar esta niña”
-”Si ganas, tres veces le salvo la vida;
si pierdes, tres vidas siego a mediodía”.
-”¡Hecho! Sin trampas ni cartón
quien gane es el campeón”.
La parca ha perdido
y su promesa ha cumplido,
dos veces me ha salvado,
la vida me ha regalado,
el ganador se lo ha recordado,
y fiel a su palabra ha obrado.
No sé que ha visto en mi alma,
o si simplemente jugó por placer,
que de la muerte me hizo volver
el señor de la guadaña.
El ángel de la vida
me ha traído de su guarida,
pues allí guarda las almas perdidas.
-”Toma, llévatela y llénala de vida,
haz que este alma se llene de alegría,
no me quiero arrepentir
de haberla dejado vivir,
cuando de nuevo la salve
quiero sentir que la pena vale”
De nuevo nos hemos encontrado,
no sé qué habrá pensado,
pero un pequeño brillo
en sus ojos he perdibido.
Tal vez de alivio,
o de tierno cariño,
fuera lo que fuera
le estoy agradecida,
necesitaba volver a la vida
y la importancia de vivirla
por fin he conocido.
De nuevo he regresado
pero a los míos se va llevando.
Uno a uno, lentamente
para que lo tenga presente,
el de la parca no ha desaparecido
y nunca se va de vacío.


Mary Camiña. "Felicidade e sentimentos". 2.013-14

martes, 18 de febrero de 2014

Sonríe


Cuando la angustia y la soledad
tus ojos llenen de lágrimas,
y sea tu compañera la ansiedad;
llena tu mente de recuerdos
que en algún momento de tu vida
te han hecho sonreír:
recuerdos de amigos,
de momentos vividos,
de logros conseguidos,
de pasos que has dado
para llegar hasta donde has llegado.

Porque los lamentos
atraen sentimientos,
sentimientos de culpa,
que el tiempo nos ocupa.
Porque sólo tú puedes
crear tu desdicha,
porque solo tú puedes
cambiarla por dicha.
Porque la vida sigue
y la lucha se hace intensa,
no llores, sonríe,
en lo bello piensa.
No dejes que la tristeza
en tu corazón more,
busca dentro de tu alma,
deja que en tu mente aflore
la verdad y la pureza
que forman parte de ti
Los mejores recuerdos,
los sentimientos sinceros
y la voluntad de vivir
en un mundo feliz,
harán que tu tristeza
se convierta, por fin,
en la ansiada felicidad.

Porque la sonrisa es bella,
y es hermosa la sonrisa,
porque es hermosa la vida,
y la vida es bella.
Porque mientras lloramos
la vida no vivimos,
y es bello vivir la vida
mientras podamos
con una bella sonrisa.

(Mary Camiña. "Liberdade e sentimentos" 2.013-14)