viernes, 10 de octubre de 2014

O reparto das cualidades

Antigamente, os humanos non eran bos nin malos, ningún destacaba de forma especial por riba dos demáis e todos se levaban ben, estaban en paz e armonía. Pero un día, aos trasnos, que sempre estaban a tramar algo, pediulles a un gran mago que lles dera uns paquetiños de cualidades, virtudes e defectos para sementar entre os homes. 

O gran mago accedeu, pero coa condición de que se algunha desas cualidades, que lle entregaría en forma de paquetes, non eran recollidas por algún dos humanos no plazo dun lustro, eles se quedarían con elas. Chegado a este acordo, o mago fixo os paquetes e dous xóvenes trasnos foron recorrendo, durante a noite, os camiños máis concurridos, deixando ao seu paso pequenos paquetiños nos que se encerraban distintas cualidades, virtudes e defectos. Así foron desperdigando a amabilidade, o desprezo, a agudeza visual, a cegueira, a gratitude, a culpa, a intelixencia, a burla, a caridade, a crueldade, o bo humor, a carraxe, a envexa...


Ao amencer, todo estaba xa disposto. Cada paquetiño tiña escrito o que contiña, así que os primeiros en pasar puideron elexir. O primeiro colleu a intelixencia e diuse por satisfeito, porque enseguida entendeu que aquilo era obra dos trasnos e que o seu propósito non era bo. O segundo colleu a carraxe, porque estaba farto de que sempre o mandaran facer os recados máis pesados e pensou que así se faría respetar. O terceiro colleu a avaricia xa que lle pareceu unha palabra bonita, ao momento lanzouse a por outro paquetiño que tiña ao lado e poñía “caridade” e, de non ser polos trasnos, que puxeran un selo polo cal non se podía coller máis de dúas virtudes ou defectos, levábaas todas... Así foi transcurrindo un día e outro, e pouco a pouco os homes e mulleres do planeta comezaron a se facer distintos non só físicamente senon de pensamento, habilidades, destrezas e corazón.

Os trasnos estábanno a pasar en grande, observábannos e, como sabían qué paquete collera cada un, sabían en cada momento como facer para amolalos. Uns días facíannos enfrontarse entre sí por tonterías, pero como tiveran a prudencia de esparcir tamén as virtudes, as cousas nunca ían a maiores.

Sen embargo, un vello trasno comezou a botar en falta unha das cualidades. Así que mandou ir aos dous trasnos xóvenes a recorrelos camiños para ver si se extraviara dito paquete, se estaba escondido ou qué pasara con el.

Ao pouco, os trasnos deron co paquete en cuestión: “A Culpa”. Seguindo as instruccións do vello trasno, puxéronno encima dunha pedra, no medio e medio do camiño, para que fose ben visible.

Ao cabo dunha semana, foron ver e o paquete estaba no mesmo sitio. Intrigados, os trasnos quedaron a pescudar qué pasaba co ditoso paquete. Ao pouco tempo, un vello pasou por alí. Achegouse á pedra, mirou o paquete, abaneou a cabeza e alí o deixou. Dalí a un bo anaco, achegouse unha moza nova, leu o paquete e rexeitouno tamén.

Así un día e outro, e outro máis... Pasou un mes, un ano, dous anos, un lustro,..., e ao final, o vello trasno recolleu o paquete. Acercouse a un labrego que pasaba por alí, ofreceullo, e o home rexeitouno.

-Por qué non o queres? Todos veciños da aldea teñen algunha cualidade, virtude ou defecto, qué máis che dá collelo? É o que queda.

- Sí, ohhh! Vostede pensa que che son parvo, Hei de cargar eu coa culpa!!! Ha! Pois non!, non cha quero! - E marchou correndo.

Os outros trasnos, que estiveran presenciando todo, achegáronse ao vello.

- Avó, e que facemos co paquete da “Culpa”?

- Pois quedarnos con ela.

Dende aquela, se lles bota a culpa aos trasnos de tódalas trastadas que ninguén recoñece. E todo porque “A Culpa” estivo un lustro pousada nunha pedra e ninguén a quixo.



(Mary Camiña.) "Contos populares e cousas da vida"

No hay comentarios:

Publicar un comentario