martes, 2 de diciembre de 2014

O Sapo namorado




Era un sapo todo fachendoso, que estaba namorado dunha verde rá, e para impresionala, dille:

-Ves ese carro de toxo que ven ahí?

- Vexo.

- Pois vouno virar.

- E para que o queres virar, home?

- Para que vexas o forte que son.

- Non vaias, ho, que te has lastimar.

- Lastimarame eu?, hahaha, xa verás, vouno virar.

E alá vai o sapo viralo carro. O sapo púxose debaixo dunha roda e comeza a hinchar e hinchar, mesmo parecía un penedo do hinchado que estaba, e o carro a se acercar...Hincha e hincha e ...Ploffff! Estoupou o sapo!

A pobre rá, choraba e dicía:

- Ai!, meu compañeiriño! Corto de vara, ancho de pecho y jugador de anca en algún tiempo...