sábado, 1 de marzo de 2014

Pulso entre Amizade e Conciencia

Hoxe tocoume reflexionar sobre algo que sempre se intenta saber o que é pero que cada un ten a súa maneira de demostrala e de definila: A AMIZADE. Eu creo na AMIZADE como algo que se sinte por alguén, que está a un nivel semellante ao do amor, ao fin e ao cabo, para mín a AMIZADE e o AMOR, van collidos da man, pertencen ao mesma sección do sentir humano. Debo ser unha persoa un tanto fría, ou rara..., non sei; pero para mín AMIZADE non implica defender a esa persoa “a capa e a espada”, así como tampouco espero que os meus amigos o fagan comigo. Un amigo é aquela persoa que é capaz de loarte cando fas algo ben, pero tamén debe ser capaz de dicirche que o fas mal cando así o pensa.... Ás veces, as críticas doen, pero é que temos que aceptar que non tódalas persoas somos iguais, non todos pensamos da mesma forma, pero que non pensen ou actúen coma mín non significa que non siga sentindo por el@s AMIZADE; e que entendan tamén que eu tampouco cambiarei a miña forma de actuar se así mo dicta a miña CONCIENCIA. Xa hai tempo que non xuzgo, deso encárgase a CONCIENCIA de cada un..., e non hai dúas conciencias iguais, como tampouco existen dúas persoas iguais. Somos valiosos como persoas xustamente por iso, pola diversidade de opinións, CONCIENCIAS e formas de AMIZADE que podemos ofrecer. O que máis me doia, quizais é que a xente pense que os amigos só poden defenderte e loarte ainda que non o merezas. Eu non podería apoiar nada que fose en contra da miña CONCIENCIA. Claro que as amizades son marabillosas, pero, para mín, e respeto a todas aquelas persoas que non coincidan comigo, é máis importante estar en paz comigo mesma. Se alguén non respeta a miña forma de ser, non merece chamarse amig@.

 Mary Camiña. "Reflexións dunha Vida". 2.013

No hay comentarios:

Publicar un comentario