Últimamente
non sei que demos está pasando no noso país, a única saída que
nos están dando tanto os nosos gobernantes como as institucións
para traballar é que nos vaiamos do país...
Estou cansa de
ver como as persoas que formaron as nosas universidades e as nosas
escolas, entre as que me inclúo, non teñen cabida no noso país. E
por riba, se te negas a ir porque tes lazos afectivos que consideras
máis importantes que gañar uns euros máis, ou simplemente porque
no fondo te negas a crer que ninguén queira aproveitar os magníficos
recursos humanos, pertencentes a unha xeración ilustrada, preparada
e capacitada sin precedentes na historia de España, mírante como un
bicho raro.
Por qué temos
que irnos da nosa terra? Acaso non chegou con que os nosos
devanceiros tivesen que deixar todo para probar fortuna, e separar
familias durante anos que nunca se recuperarán? Como filla de
emigrantes digo: Basta!!! Temos medios humanos máis que suficientes
como para facer unha industria propia!!! Só nos falta o que os
corruptos nos roubaron en vez de investilos no futuro do país: os
cartos.
Seguimos
bailando ao son do que nos dicen os demáis, seguimos a pensar nos
cartos para hoxe e fame para mañán. Así non se pode... Tódalas
inversións do país se fixeron no sector inmobiliario, e no
turístico. Chegáronse a pechar fábricas para crear solares.
Ninguén, a pesar de que estudios económicos demostraban que se
estaba a producir unha burbulla, quixo escoitar, e agora que a vaca
enfermou e xa non dá máis leite, collen os cartos que lles quedan e
fuxen para o extranxeiro e encontrar unha nova vaca que muxir...
E namentras,
Europa rise de nós..., non nos dan solucións para crear máis
postos de traballo, para renovar e reestructurar a industria
española, non, iso non convén, a man de obra española está ben
cualificada e ademçáis sae máis rentable que a súa propia,
quédanse cos beneficios do seu traballo, coa tributación do seu
salario,( xa que son rendas obtidas fóra de España), e coa súa
contribución á Seguridade Social, a cambio dunhas migallas: o
soldo. De novo, pan para hoxe e fame para mañá...
Os que
decidimos quedar e intentar por tódolos medios sobrevivir, que
obtemos a cambio?: Máis impostos, novas taxas, menos postos de
traballo, menos becas para estudar aos nosos fill@s,
condicións máis duras para poder acceder aos poucos postos de
traballo que quedan...
Négome a
formar parte da “fuga de cerebros” que agora mesmo existe no
país, eu estudiei aquí e aquí quero deixar a plusvalía que os
meus coñecementos poidan xerar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario