Era
un sapo todo fachendoso, que estaba namorado dunha verde rá, e para
impresionala, dille:
-Ves ese carro de toxo que ven ahí?
- Pois vouno virar.
- E para que o queres virar, home?
- Para que vexas o forte que son.
- Non vaias, ho, que te has lastimar.
- Lastimarame eu?, hahaha, xa verás, vouno virar.
E
alá vai o sapo viralo carro. O sapo púxose debaixo dunha roda e
comeza a hinchar e hinchar, mesmo parecía un penedo do hinchado que
estaba, e o carro a se acercar...Hincha e hincha e ...Ploffff!
Estoupou o sapo!
A
pobre rá, choraba e dicía:
- Ai!, meu compañeiriño! Corto de vara, ancho de pecho y jugador de
anca en algún tiempo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario