lunes, 23 de febrero de 2015

Persoas con careta...

Detesto aquelas persoas que, para manter a alguén ao seu lado, lle cantan aos oídos o que queren oír aínda que non sexan máis que embustes e mentiras; que distorsionan a realidade ata facela unha total descoñecida.
O que non saben é que esa será unha relación creada nun campo de ficción, onde tras unha mentira terá que crear outras catro para manter a súa versión crible; unha relación abocada ao fracaso sostida por piares putrefactos...
Dixen que detesto esas persoas? Non, non as detesto, danme mágoa porque sempre estarán espectantes, sempre sufocadas por se a súa montaña de inmundicias se derruba e se mostra a verdade; sen poder, mentres tanto, gozar de todo o que o amor sen enganos lle podería ofrecer, sen poder dalo todo porque as súas forzas estarán minguadas polo esforzo que supón levar todo ese peso do embuste sobre si mesmo/a. Pero como cada un elixe vivir o que quere... eu elixo: iso non o quero.


 (Mary Camiña) "Xogando cos sentimentos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario