martes, 17 de marzo de 2015

Epilepsia

Yo he aceptado
que Una Descarga Eléctrica
haya condenado mis nervios.
Y revivan así los tuyos. 
Y brillen, nuevos, tus ojos.
E iluminen los otros.



(R. Magdalena)
“Epilepsia”, en Tratado sobre la electricidad, Vol. II.


lunes, 23 de febrero de 2015

Persoas con careta...

Detesto aquelas persoas que, para manter a alguén ao seu lado, lle cantan aos oídos o que queren oír aínda que non sexan máis que embustes e mentiras; que distorsionan a realidade ata facela unha total descoñecida.
O que non saben é que esa será unha relación creada nun campo de ficción, onde tras unha mentira terá que crear outras catro para manter a súa versión crible; unha relación abocada ao fracaso sostida por piares putrefactos...
Dixen que detesto esas persoas? Non, non as detesto, danme mágoa porque sempre estarán espectantes, sempre sufocadas por se a súa montaña de inmundicias se derruba e se mostra a verdade; sen poder, mentres tanto, gozar de todo o que o amor sen enganos lle podería ofrecer, sen poder dalo todo porque as súas forzas estarán minguadas polo esforzo que supón levar todo ese peso do embuste sobre si mesmo/a. Pero como cada un elixe vivir o que quere... eu elixo: iso non o quero.


 (Mary Camiña) "Xogando cos sentimentos"

lunes, 9 de febrero de 2015

Adónde te has ido...


Adónde te has ido,
de mis recuerdos el retablo,
melodía que retuerces el espacio?


Ahora que no estás,
sé como nunca he sabido.
Ahora que te has ido,
sé lo que era vivir
con el Tesoro escondido.
Sé que se había salvado,
yendo y viniendo a tu lado.
Ahora que no estás,
ahora, que te has ido.
(Roberto Magdalena)

martes, 2 de diciembre de 2014

O Sapo namorado




Era un sapo todo fachendoso, que estaba namorado dunha verde rá, e para impresionala, dille:

-Ves ese carro de toxo que ven ahí?

- Vexo.

- Pois vouno virar.

- E para que o queres virar, home?

- Para que vexas o forte que son.

- Non vaias, ho, que te has lastimar.

- Lastimarame eu?, hahaha, xa verás, vouno virar.

E alá vai o sapo viralo carro. O sapo púxose debaixo dunha roda e comeza a hinchar e hinchar, mesmo parecía un penedo do hinchado que estaba, e o carro a se acercar...Hincha e hincha e ...Ploffff! Estoupou o sapo!

A pobre rá, choraba e dicía:

- Ai!, meu compañeiriño! Corto de vara, ancho de pecho y jugador de anca en algún tiempo...

viernes, 10 de octubre de 2014

O reparto das cualidades

Antigamente, os humanos non eran bos nin malos, ningún destacaba de forma especial por riba dos demáis e todos se levaban ben, estaban en paz e armonía. Pero un día, aos trasnos, que sempre estaban a tramar algo, pediulles a un gran mago que lles dera uns paquetiños de cualidades, virtudes e defectos para sementar entre os homes. 

O gran mago accedeu, pero coa condición de que se algunha desas cualidades, que lle entregaría en forma de paquetes, non eran recollidas por algún dos humanos no plazo dun lustro, eles se quedarían con elas. Chegado a este acordo, o mago fixo os paquetes e dous xóvenes trasnos foron recorrendo, durante a noite, os camiños máis concurridos, deixando ao seu paso pequenos paquetiños nos que se encerraban distintas cualidades, virtudes e defectos. Así foron desperdigando a amabilidade, o desprezo, a agudeza visual, a cegueira, a gratitude, a culpa, a intelixencia, a burla, a caridade, a crueldade, o bo humor, a carraxe, a envexa...


Ao amencer, todo estaba xa disposto. Cada paquetiño tiña escrito o que contiña, así que os primeiros en pasar puideron elexir. O primeiro colleu a intelixencia e diuse por satisfeito, porque enseguida entendeu que aquilo era obra dos trasnos e que o seu propósito non era bo. O segundo colleu a carraxe, porque estaba farto de que sempre o mandaran facer os recados máis pesados e pensou que así se faría respetar. O terceiro colleu a avaricia xa que lle pareceu unha palabra bonita, ao momento lanzouse a por outro paquetiño que tiña ao lado e poñía “caridade” e, de non ser polos trasnos, que puxeran un selo polo cal non se podía coller máis de dúas virtudes ou defectos, levábaas todas... Así foi transcurrindo un día e outro, e pouco a pouco os homes e mulleres do planeta comezaron a se facer distintos non só físicamente senon de pensamento, habilidades, destrezas e corazón.

Os trasnos estábanno a pasar en grande, observábannos e, como sabían qué paquete collera cada un, sabían en cada momento como facer para amolalos. Uns días facíannos enfrontarse entre sí por tonterías, pero como tiveran a prudencia de esparcir tamén as virtudes, as cousas nunca ían a maiores.

Sen embargo, un vello trasno comezou a botar en falta unha das cualidades. Así que mandou ir aos dous trasnos xóvenes a recorrelos camiños para ver si se extraviara dito paquete, se estaba escondido ou qué pasara con el.

Ao pouco, os trasnos deron co paquete en cuestión: “A Culpa”. Seguindo as instruccións do vello trasno, puxéronno encima dunha pedra, no medio e medio do camiño, para que fose ben visible.

Ao cabo dunha semana, foron ver e o paquete estaba no mesmo sitio. Intrigados, os trasnos quedaron a pescudar qué pasaba co ditoso paquete. Ao pouco tempo, un vello pasou por alí. Achegouse á pedra, mirou o paquete, abaneou a cabeza e alí o deixou. Dalí a un bo anaco, achegouse unha moza nova, leu o paquete e rexeitouno tamén.

Así un día e outro, e outro máis... Pasou un mes, un ano, dous anos, un lustro,..., e ao final, o vello trasno recolleu o paquete. Acercouse a un labrego que pasaba por alí, ofreceullo, e o home rexeitouno.

-Por qué non o queres? Todos veciños da aldea teñen algunha cualidade, virtude ou defecto, qué máis che dá collelo? É o que queda.

- Sí, ohhh! Vostede pensa que che son parvo, Hei de cargar eu coa culpa!!! Ha! Pois non!, non cha quero! - E marchou correndo.

Os outros trasnos, que estiveran presenciando todo, achegáronse ao vello.

- Avó, e que facemos co paquete da “Culpa”?

- Pois quedarnos con ela.

Dende aquela, se lles bota a culpa aos trasnos de tódalas trastadas que ninguén recoñece. E todo porque “A Culpa” estivo un lustro pousada nunha pedra e ninguén a quixo.



(Mary Camiña.) "Contos populares e cousas da vida"

sábado, 4 de octubre de 2014

Concurso Literario "Homenaje a Pablo Neruda"

Seleccionada en el Concurso "Homenaje a Pablo Neruda". Uno de los 150 poemas que van a ser publicados en el libro. Contentísima de haber participado, feliz y radiante por tener el grandísimo honor de poder homenajear a uno de los grandes. Pseudónimo: Deva, Poema: "Vacía"


Os dejo el enlace de los 150 finalistas del concurso de poesía, homenaje a Pablo Neruda.
¡Felicidades a todos y muchas gracias Editorial Artgerust por esta oportunidad!

sábado, 20 de septiembre de 2014

Os Ollos do Demo. (Primeira Parte)

Ese ano, o inverno chegara de súpeto, pasaran dunha calor abafante a sufrir ventos, neves e tronadas. O gando estaba xa recollido e o avó víase moito máis vello ao lume da lareira. As súas engurras eran cada vez máis profundas, as carnes escapábanselle da faciana cos anos e a súa figura encoucara de forma alarmante; ainda así e todo os seus ollos ainda tiñan ese atisvo de dozura e sabiduría que o facía tan especial. 

Anxos, colleu a cunca de caldo e sentou a carón do avó, así facía día tras día desde que ela tiña uso de razón.El sempre tiña contos, historias e ensinanzas para aquela cativa de nove anos, con ollos grandes e inquisadores.

O avó tiña os ollos cravados nas brasas e rezaba unha pequena oración, Anxos permanecía ao seu carón caladiña e esperando, pacientemente, a que acabara esa extraña cerimonia que aquel bo home repetía cada vez que a treboada se oía retumbar naquela acolledora cociña: collía unha torada a medio queimar que gardaba debaixo da lareira e prendía o lume coa vela de Xoves Santo, e entón rezaba polo baixo aquela pequena oración. Ao acabares, apagaba o lume da torada de leña con area e devolvíaa ao seu sitio.

 - Avó, xa sei que a torada é a que se chamusca na última noite do ano, e se terminará de queimar na seguinte , recollerase a que esta chamusque nese mesmo momento, e que este lume prendido coa vela de Xoves Santo nos protexe da treboada..., o que nunca me explicaches é por qué dis a pregaria mirando para as brasas con esa mirada que non che sei ben se é de desafío ou de medo.

O avó ollou para Anxos con dozura e dubidou un pouco se contestarlle ou non, era unha nena moi especial, capaz de entender cousas que ata as persoas adultas máis resabidas non entendían; estaba claro que esa nena posuía un entendemento fora do común. Dous anos atrás correría o risco de que a avoa lle botara unha bo sermón, pero a avoa xa non rexía ben da cabeza e pasaba cáseque todo o día no seu mundo, por veces tiña un atisvo de lucidez, pero enseguida volvía caer naquel letargo ao que tanto lles custou afacerse. Anxos sempre dicía que a avoa estaba nun mundo paralelo e que nel era feliz, que non debían estar tristes por ela, que xa non sufría, pero que seguía sentindo coma unha persoa, seguía querendo agarimos e coidados. Anxos entendía moi ben a avoa, namentras que aos demáis lles custaba moito falarlle con naturalidade.

-Miro para as brasas, miña nena, porque me recordan aos ollos do demo...

-E logo, viches os ollos do demo algunha vez, avó? 

O avó cerrou os ollos, ordeando os feitos e pensando por onde comezar, e Anxos púxose cómoda porque sabía que unha nova historia estaba a punto de brotar dos beizos do avó. [...] 


" Cousas da Vida e Contos populares" (Mary Camiña)