jueves, 27 de febrero de 2014

Armadura de Xeo

Nen choras nen rís,
deixaches de sentir,
mágoa polos demáis
ledicia por existir.
Pero non sempre foi así
houbo un tempo no que sí
rías e chorabas, sentías,
o amor e a ledicia de vivir.
Coma un témpano de xeo
os golpes da vida te fixeron ser,
a tú arma para te protexer
leváronte a ser como es.
Pero o xeo non chega a todo o teu ser,
un pequeño resplandor
segue vivo no teu interior,
gárdalo con moita ilusión
por se algún día aparece alguén
que mereza entrar no teu corazón.
Un resquicio de amor e compresión
que debeces poder compartir
con aquelas persoas coas que sentir,
coas que merece a pena vivir.
Entón, a túa armadura sacarás
e unha nova persoa resurxirá,
chea de vida e sentimentos,
e os que te queren se aledarán,
de que volvas ao mundo do sentir,
que xa non teñas que te esconder,
e vexas que te aceptamos tal e como es,
cos teus defectos e virtudes, sen finxir.
Porque todos somos humanos,
e como tales erramos;
porque non está na nosa condición
ser seres inertes sen emocións;
porque penses o que penses,
é parte de tí, é parte de como es.
O xeo paralízate, non te deixa sentir
e unha vida sen sentimentos
non é propia dunha persoa coma tí,
que gustas tanto da vida en sí.

Mary Camiña. "Liberdade e sentimentos" 2.013-14

No hay comentarios:

Publicar un comentario