viernes, 14 de febrero de 2014

O Amor



O amor non é só palabrería,
senon demostralo día a día.
O amor non é entregar
coa finalidade de recibir,
é entregar sen nada esperar
a cambio de ese sentir.
Non sei se nace no corazón
ou se na alma se esconde,
pero te converte en noble
sen necesidade de título,ou non?.
O amor transcende máis alá
da parella coa que convives,
é un sentimento sen igual
no que das e ás veces non recibes.
O amor é simplemente querer,
querer que os demáis sexan felices,
un sentimento que, sen conscientes ser,
flúe a través de tí e ben te fai sentir.
O amor pódelle á adversidade,
danos forzas para combatir
as diversas calamidades
que estamos destinados a sufrir.
Ese sentimento que desterra de nós
as enerxías negativas da rabia,
da inxustiza e da desesperación,
que nos condiciona e destrúe a  vida.
O amor non é vivilo un día,
nin tan só dos que teñen parella,
o amor é unha forma de vida
e tí elixes de que maneira.
Coma nai ou como filla,
como amante ou amiga
tí decides a forma de vivilo
xa que amar non é exlusivo,
duns poucos senon de quen o sinte
e cos seus seres queridos o comparte.

(Mary Camiña. "Liberdade e sentimentos" 2013-14)




No hay comentarios:

Publicar un comentario